Publicacións

Fotos e crónica da saída Leiro

Imaxe
👉  Fotos da saída   👉  Crónica da saída  

Próxima saída: 3 de outubro : Leiro

Imaxe
Data: 3 Outubro de 2020 Pateada: Leiro Nº.: 201 Padín, cando se pon a recoñecer un territorio, várreo. Sabemos que a súa zona preferida é o Suído mais desta volta levaranos ó interior. Serán 2 rutas seguidas saíndo da casa consistorial de Leiro, Ourense. Ide preparando textos xa que a seguinte será no trasladado día das Letras Galegas, o 31 de outubro. Punto de encontro:   Casa do concello de Leiro. Ctra. Gabino Bugallal, 39 Coordenadas: 42.369586,-8.125099 Hora de saída: 10:00 h. Tipo de percorrido:   Circular Dificultade: Baixa Duración aproximada: 6-7 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar) (20 km aprox.) De interese:  Paisaxes do Ribeiro cos seus viñedos, río Avia e ponte colgante de Leiro, casas e pobos abandonados, igrexa barroca de San Breixo de Berán, e visitaremos un maxestuoso pazo. Comentarios e organización: Haberá posibilidade de baños e cervexas.

Fotos da saída Cortegada

Imaxe
Álbum completo  

Próxima saída: 12 de setembro: Por terras de Cortegada

Imaxe
Data: 12 de setembro de 2020 Pateada: Por terras de Cortegada Nº: 200 (X Aniversario) Un número  redondo para un aniversario redondo Esta ruta tiña outra data de realización que a tod@s nos soará: o sábado 14 de marzo de 2020. Peeeeeero… chegou o estado de alarma e fastidiouse o plan. Retomámolo nin máis nin menos que no DÉCIMO ANIVERSARIO !!! Segunda ruta guiada por Tomás Carril. Manda truco coa coincidencia: a primeira ruta á que asistiu con Calcorreiros foi precisamente pola Ponte Trado – Arnoia, guiada por Bea Blanco o 05 de setembro de 2015.  Un de Camariñas facendo rutas por terras de Ourense. Paradoxas… Desta volta co-guiará con Luísa Mtnez. Bello. Punto de encontro:   Balneario novo de 2015, de Cortegada Coordenadas: 42,201407 -8,172916 Hora de saída: 10:00 h. Tipo de percorrido:   Circular Dificultade:  Media Duración aproximada: 6 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar) De interese:   Balneario de Cortegada de 1937 Mirador Coto da Pena Aldea abandonada e en
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.