Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Fotos da Saída Fraga do río Mandeo. Ponte do Teixeiro - Ponte das Pías (Betanzos)

Imaxe
“Chicas Necho” sen calefacción. Mandeo sen barqueiro. Plátano nas augas de Bocelo. Ía tanta humidade que nacían tirabeques na rejaña do cu. Domingo peninsular. Case quedamos sen guía pola cantidade de xente coñecida que atopaba. Visita ó mercado e á feira. O Pasatempo só por fóra. E tiñamos que chegar a Betanzos para comer tortilla… e polbo, e carne ó caldeiro, etc. Consagrouse unha nova vaca sagrada. As fotos son de Duarte  e   Fanego , Grazas!!

Próxima saída: 31 de decembro de 2018 e 01 de xaneiro de 2019 (FS Fin de Ano)

Data:  31 de decembro de 2018 e 01 de xaneiro de 2019 (FS Fin de Ano) Pateada:  Monte Pindo, Olimpo Celta Saída:  nº 178 Xa alá estivemos en abril do 2013. Así pois, aínda que é á segunda vez que imos calcorrear, será a primeira como formato Fin de Ano. Coroaremos a Moa a 627 m. de altitude. Lugar e hora de saída: Ás 09:30 horas os dous días na Igrexa de San Clemente do Pindo. Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS. Tipo de percorrido:   Circular os dous días. Diferentes subidas ó Monte Pindo. Decidirase practicamente in situ. Dificultade:  Media-Baixa. Este dato está suxeito ás ruta que fagamos. Hai diferentes posilibidades e iso, unido ó tempo que vaia, será o que faga mudar este dato. Ollo, de facerse a ruta polo camiño dos pescadores, dende logo que será máis ben "Media". Duración aproximada:   6 Horas RCE. Tamén variable polos mesmos motivos do apartado anterior. De interese: As saídas "o

Fotos da Saída Carballiño-Castro Cavadoso

Imaxe
Primeira vez que o guía chega tarde. Moitos visitantes do norte. Tomás, virtuoso do fouciño. Conxunto de Fortaleza e Ponte de Cavadoso e da Ponterriza superlativas. Dúas vacas sagradas perderon o cu do de diante. Ruta Tomás Carril ou das mazás. Polbos no Fuchela. Unha calco-rilla veu cargada de agasallos. 2 novos. Graciñas a M. Fanego  por cedernos as súas fotos.

Próxima saída: 15-16 de decembro. Fraga do río Mandeo. Ponte do Teixeiro - Ponte das Pías (Betanzos)

Data:  15 e 16 de decembro de 2018 Pateada:  Fraga do río Mandeo. Ponte do Teixeiro - Ponte das Pías (Betanzos) Saída:  nº 177 Chégalle a quenda a Necho, o dono dun tramo da N-VI. Rei indiscutible de Betanzos. E aló imos, coñece-la súa terra !!! Quinta estrea (e última) do ano e terceira seguida como guía novo. Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Puxeiros. Ás 9:00 h . Ollo, media hora antes do habitual!!! Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS. Quen prefira pode aparecer no lugar de inicio da camiñada que se publicará na Taberna Nova uns días antes da saída. Tipo de percorrido: Circular. Dificultade:  Baixa Duración aproximada: 6 horas RCE De interese: A saída "oficial" de Calcorreiros será o sábado 15 de decembro : Subiremos pola marxe esquerda do río Mandeo. Pasaremos pola présa de Chelo, onde "pescaba" Fra

Fotos da saída Figueirido-Castiñeiras

Imaxe
Estrea de guía local. 11 Calc@s + “Beatriz” a 1ª hora. Regatos convertidos en ríos. Loucuras de Pepiño Meijón. Desfile por Pakistán. Félix alentellounos. Apañada de macrolepiotas tamaño xigante. Ruta moi fotográfica. Campionísimo Hixinio con 34 rutas seguidas !!! Remate de 3 “fundadores” dos inicios de Calcorreiros no Gallardo. As fotos son de Patri ,   Grazas!!

Próxima saída: 01 de decembro. Carballiño – Ponterriza - Fortaleza de Castro Cavadoso - Carballiño

Data: 01 de decembro Pateada:  Carballiño – Ponterriza - Fortaleza de Castro Cavadoso - Carballiño Saída:  nº 176 En xuño do 2012 percorremos a mesma zona mais non exactamente os mesmos lugares. Tomás, na súa estrea, levaranos con paso firme e decidido pola comarca do Carballiño. Tanto é así que el mesmo nos abrirá parte deses camiños en exclusiva para a comunidade Calcorreira. Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Puxeiros. Ás 9:30 h. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre. Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS. Tipo de percorrido: Circular. Dificultade:  Baixa a media-baixa Duración aproximada: 6 horas RCE De interese:  A ponte medieval e o cruceiro de Ponterriza, O pozo dos Fumes, A Fortaleza de Castro Cavadoso (De ter que usa-lo plan B da ruta por mor da climatoloxía, pasaría

Fotos da Saída Arouca II (finde)

Imaxe
Título perdido e atingido na autoestrada. Visita ás Pedras parideiras, à cascata mais alta de Portugal e outros. Não há mais sopa de pedra no Merujal. Sábado guías locais com trilho á carta, um luxo. Aletria. Retiradas e quedas varias. Apitos de comboio. Banheiros. O Raio tem un gêmeo. Visitamos os Passadiços do Paiva e Leslie visitounos a nós. Fotos de Padín , grazas!!!

Fotos da Saída Val de Pacín-Entrimo

Imaxe
Trece calcos baixo o sol.  Visitas ao Castro do Castelo, xantar onda capela de San Bieito, baño final no impresionante Pozo Caído. Vistas sobre o mundo do Xurés / Gêres. Todo baixo a dirección de Nacho.  Remate en Bembrive degustando cachena e outras iguarías. Fotos de  Padín .  Grazas unha vez máis!

Próxima saída: 12-14 de outubro. Arouca II

Data: 12 ao 14 de outubro Pateada: Arouca II Saída:  nº 174 En xuño do 2012 os calcos facían a súa primeira saída de fin de semana. Viaxamos a Arouca para probar a sopa de pedra, elemento fulcral do imaxinario calcorreiro. Xa era sen tempo. Volvemos. Seguramente non teremos nesta ocasión a posibilidade de probar tan emblemática iguaría.    Lugar e hora de saída: Venres, 12. Diante da entrada principal da Cámara Municipal de Arouca. Ás 9:30, hora nosa. Tipo de percorrido:  As pateadas previstas son circulares as dúas pero poden estar suxeitas a modificacións. Dificultade:  En principio baixa o venres e media o sábado. Duración aproximada:  Venres: 6 Horas RCE Sábado: 7/8 Horas RCE De interese:  Todo. Particularmente as pedras parideiras. Paisaxes, arquitectura popular. Comentarios e organización:  A Ver! Temos un par de rutas previstas pero ata chegar alí non saberemos (pode haber zonas queimadas ou afectadas por outras cuestións) O domingo, e xa como actividade com

Próxima saída: 29 de setembro. Val do Pacín. Entrimo

Data: 29 de Setembro   Pateada: Val do Pacín. Entrimo Saída:  nº 173 Visita ás terras de Entrimo, cambiando de territorio.    Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Puxeiros. Ás 9:30 h. (Publicarase folla de ruta para chegar) Tipo de percorrido: Círcular. Dificultade:  Media. Ten un tramo de cresteo moi aéreo polo que, se fose moita calor, aí non temos sombra. Duración aproximada: 6 horas RCE De interese:  Val do río Pacín. Bosques autóctonos. Pedras con formas de animais, ermida de San Bieito. Vistas sobre o Gerês. Arquitectura popular: eiras, fontes, canastrões. Comentarios e organización:  Hai baños e cañas ao final da ruta. Recomendado levar repelente para insectos.

Fotos da saída Luintra-Santo Estevo

Imaxe
13 calcos polos carreiros de Nogueira de Ramuín.  Ía calor polas partes de Luintra. Fomos pola sombra cruzando fragas e camiños de conto de fadas. Caña en Santo Estevo. Baños en piscinas unipersonáis. Unha billa salvounos a vida en Biduedo. Visita ao Castro de Litoria cunhas vistas fantabulosas. Cañas en Luintra e fin de festa do oitavo aniversario no chinés de Puxeiros. Aínda a cousa se estirou ao Gallardo. Fotos de Primi  e Conchi .

Próxima saída: 8 de setembro. Luintra - Santo Estevo de Ribas de Sil

Data: 8 de Setembro   Pateada:  Luintra - Santo Estevo de Ribas de Sil Saída:  nº 172 Partindo de Luintra, entre soutos e carballeiras ata o Mosteiro de Santo Estevo. Unha tirada digna dun aniversario.    Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Puxeiros. Ás 9:30 h. (Publicarase folla de ruta para chegar) Tipo de percorrido: Círcular. Dificultade:  Baixa a media baixa. Duración aproximada: 7 horas RCE De interese:  Todo. Soutos, carballeiras, paisaxes, miradouros. Mosteiro e igrexa de Santo Estevo, campos de mámoas, pseudo-menhir, costa da Amargura, Chau da Forca, muíños e fervenza do Cano, castro de Litoria. Nin un metro sen algo de interese. Comentarios e organización:  Hai baños e cañas na ruta (recoméndase non tomar moitas cañas porque o mosteiro de Santo Estevo é bonito pero barato non.) Sendo o 8º aniversario dos calcos remataremos ceando. Onde? Desta vez seremos atrevidos. No restaurante Yong , en Puxeiros. Un chinés. Xa veremos se abrimos lista de asisten

Próxima saída: 18 de agosto. Cuntis-Cádavo

Data: 18  de Agosto  Pateada: Cuntis-Monte Cádavo Saída:  nº 171 Por unhas cousas ou por outras o Cádavo resístesenos. Volvemos intentalo por unha ruta diferente das anteriores. O Cádavo ha quedar farto de nós. E nós habemos coñecer os camiños todos que o rodean. Lugar e hora de saída: Casa Gallardo . Puxeiros. Ás 9:30 h. Tipo de percorrido: Circular. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de  coches. Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS. O que o prefira pode aparecer no lugar de inicio da camiñada que se publicará na Taberna uns días antes da saída. Dificultade: Media baixa a media. É dicir, punto menos que media. Duración aproximada: 7 horas RCE De interese:  Carballeiras, Paizosa, Sevil de Arriba, Río Umia, Monte Cádavo, Cequerirl castro de Sevil. Paisaxes. Comentarios e organización: De esta si a la tercera va la vencida ruta nueva para subir al Cadavo puente madera en el Um

Fotos da saída Praias Morrazo-Facho (Nocturna)

Imaxe
15 calcos pola noite fóra. Cea prepateada no Broullón. Vimos o eclipse de lúa pero non era vermello. Atopamos un bar aberto ás tres da mañá. Poallou o suficiente como para chegarmos mollados. Unha deu cos fociños no chan. Houbo quen se incorporou tarde e quen se foi cedo. E quen se incorporou tarde e se foi cedo. Polo visto tamén houbo quen se presentou no lugar de saída un día tarde. Ataque de vertixe por onda o mundo se chama Cabo Home e a terra faise toxo. Malia pasarmos por unha manchea de praias non houbo baño. Cruzámonos con outro grupo de andaríans onde había algún coñecido. Foto de  Padín . Grazas!!

Próxima saída: 27 de xullo. Liméns-Facho

Data:  27 de Xullo  Pateada:  Liméns - Barra - Facho. Praias de Cangas. (Nocturna) Saída:  nº 170 Recuperamos, logo de varios anos, un clásico calcorreiro. Unha camiñada nocturna polos areais de Cangas. Dende Santa Marta a Donón cunha subida ao Facho. Poucas cousas teredes visto máis bonitas que unha ollada ao Atlántico nunha noite de lúa chea dende o Facho coas Cies de fondo. Garantido. Lugar e hora de saída: Capela de Santa Marta, en Darbo . (Publicarase folla de ruta para chegar) Ollo!. É a noite do venres!!! Ás 21:00 para cear Ás 23:00 para comezar a patear Tipo de percorrido: Círculos e tramos de ida e volta. Dificultade: Baixa (Entendido que o feito de ser de noite é unha dificultade engadida en si mesmo. Tamén hai tramos de area que teñen a súa cousa) Duración aproximada: 6 / 7 horas RCE De interese: Praias, o mar reflexando a lúa chea. Monte Facho. Faros: Punta Saburido, Punta Robaleira e Cabo Home. Furnas. Comentarios e organización: Hai baños os que se

Fotos da saída Mezio

Imaxe
Vintesete almiñas correndo tras do Hixínio polas contornas de Vilela. Tres baños, tres. Dous na ponte da Assoreira e outro ao final, en Travanca. Cañas no Mezio, visita ao Soajo que andaba de festa, algúns xa quedaron por alí. Ao fin os que fomos quedando case non damos ceado paro acolléronnos en Alxén. As fotos son de  Charo , Padín  e   Tomás . Grazas!!

Fotos da saída Costa Ártabra

Imaxe
Ferrolterra aos nosos pés, pastoreados por unha equipa fantabulástica. Da Malata a Covas onde nos agasallaron en Casa Rogelio como se fixeramos algo para merecelo, e de Doniños a San Filipe, lugar de cine para un remate de xornada. A chuvia andou aí, aí. O domingo eramos cinco menos. Algunha levou tamén unha deda de menos para casa. Aloxamento da maioría e ceas na Cochera (nunha delas, había dúas). Fotos de Primi .
Imaxe
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.