Fotos da saída Costa Ártabra

Ferrolterra aos nosos pés, pastoreados por unha equipa fantabulástica.
Da Malata a Covas onde nos agasallaron en Casa Rogelio como se fixeramos algo para merecelo, e de Doniños a San Filipe, lugar de cine para un remate de xornada.
A chuvia andou aí, aí. O domingo eramos cinco menos. Algunha levou tamén unha deda de menos para casa.
Aloxamento da maioría e ceas na Cochera (nunha delas, había dúas).
Fotos de Primi.
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.