Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2018

Próxima saída: 18 de agosto. Cuntis-Cádavo

Data: 18  de Agosto  Pateada: Cuntis-Monte Cádavo Saída:  nº 171 Por unhas cousas ou por outras o Cádavo resístesenos. Volvemos intentalo por unha ruta diferente das anteriores. O Cádavo ha quedar farto de nós. E nós habemos coñecer os camiños todos que o rodean. Lugar e hora de saída: Casa Gallardo . Puxeiros. Ás 9:30 h. Tipo de percorrido: Circular. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de  coches. Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS. O que o prefira pode aparecer no lugar de inicio da camiñada que se publicará na Taberna uns días antes da saída. Dificultade: Media baixa a media. É dicir, punto menos que media. Duración aproximada: 7 horas RCE De interese:  Carballeiras, Paizosa, Sevil de Arriba, Río Umia, Monte Cádavo, Cequerirl castro de Sevil. Paisaxes. Comentarios e organización: De esta si a la tercera va la vencida ruta nueva para subir al Cadavo puente madera en el Um

Fotos da saída Praias Morrazo-Facho (Nocturna)

Imaxe
15 calcos pola noite fóra. Cea prepateada no Broullón. Vimos o eclipse de lúa pero non era vermello. Atopamos un bar aberto ás tres da mañá. Poallou o suficiente como para chegarmos mollados. Unha deu cos fociños no chan. Houbo quen se incorporou tarde e quen se foi cedo. E quen se incorporou tarde e se foi cedo. Polo visto tamén houbo quen se presentou no lugar de saída un día tarde. Ataque de vertixe por onda o mundo se chama Cabo Home e a terra faise toxo. Malia pasarmos por unha manchea de praias non houbo baño. Cruzámonos con outro grupo de andaríans onde había algún coñecido. Foto de  Padín . Grazas!!

Próxima saída: 27 de xullo. Liméns-Facho

Data:  27 de Xullo  Pateada:  Liméns - Barra - Facho. Praias de Cangas. (Nocturna) Saída:  nº 170 Recuperamos, logo de varios anos, un clásico calcorreiro. Unha camiñada nocturna polos areais de Cangas. Dende Santa Marta a Donón cunha subida ao Facho. Poucas cousas teredes visto máis bonitas que unha ollada ao Atlántico nunha noite de lúa chea dende o Facho coas Cies de fondo. Garantido. Lugar e hora de saída: Capela de Santa Marta, en Darbo . (Publicarase folla de ruta para chegar) Ollo!. É a noite do venres!!! Ás 21:00 para cear Ás 23:00 para comezar a patear Tipo de percorrido: Círculos e tramos de ida e volta. Dificultade: Baixa (Entendido que o feito de ser de noite é unha dificultade engadida en si mesmo. Tamén hai tramos de area que teñen a súa cousa) Duración aproximada: 6 / 7 horas RCE De interese: Praias, o mar reflexando a lúa chea. Monte Facho. Faros: Punta Saburido, Punta Robaleira e Cabo Home. Furnas. Comentarios e organización: Hai baños os que se

Fotos da saída Mezio

Imaxe
Vintesete almiñas correndo tras do Hixínio polas contornas de Vilela. Tres baños, tres. Dous na ponte da Assoreira e outro ao final, en Travanca. Cañas no Mezio, visita ao Soajo que andaba de festa, algúns xa quedaron por alí. Ao fin os que fomos quedando case non damos ceado paro acolléronnos en Alxén. As fotos son de  Charo , Padín  e   Tomás . Grazas!!
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.