Próxima saída: 27 de xullo. Liméns-Facho
Data: 27 de Xullo
Pateada: Liméns - Barra - Facho. Praias de Cangas. (Nocturna)
Saída: nº 170
Recuperamos, logo de varios anos, un clásico calcorreiro. Unha camiñada nocturna polos areais de Cangas. Dende Santa Marta a Donón cunha subida ao Facho.
Poucas cousas teredes visto máis bonitas que unha ollada ao Atlántico nunha noite de lúa chea dende o Facho coas Cies de fondo. Garantido.
Lugar e hora de saída:
Capela de Santa Marta, en Darbo. (Publicarase folla de ruta para chegar)
Ollo!. É a noite do venres!!!
Ás 21:00 para cear
Ás 23:00 para comezar a patear
Tipo de percorrido: Círculos e tramos de ida e volta.
Dificultade: Baixa (Entendido que o feito de ser de noite é unha dificultade engadida en si mesmo. Tamén hai tramos de area que teñen a súa cousa)
Duración aproximada: 6 / 7 horas RCE
De interese: Praias, o mar reflexando a lúa chea. Monte Facho. Faros: Punta Saburido, Punta Robaleira e Cabo Home. Furnas.
Comentarios e organización: Hai baños os que se queiran, de mar. As cañas ao final se encontramos algo aberto
Quedamos ás 21,00 para unha cea lixeira no Broullón.
Atención!! non imos reservar polo que, se cadra, non haberá sitio, así que no la xogamos, vale? Malo será que non nos arranxen ainda que sexa unha codia de pan.
Os que non poidan ir cear, saímos ás 23:00 da Capela de Santa Marta, en Darbo
Hai algún tramo de toxos. Levar as pernas cubertas.
Levar luz pero probablemente non haxa que usala. Se prendedes a luz sen necesidade estades molestando aos vosos compañeiros.
Se rematamos a unha hora que dea para iso iremos almorzar a Cangas.
Coma sempre, calquera cousa, na Taberna.