Fotos da saída Praias Morrazo-Facho (Nocturna)

15 calcos pola noite fóra.
Cea prepateada no Broullón.
Vimos o eclipse de lúa pero non era vermello.
Atopamos un bar aberto ás tres da mañá.
Poallou o suficiente como para chegarmos mollados.
Unha deu cos fociños no chan.
Houbo quen se incorporou tarde e quen se foi cedo. E quen se incorporou tarde e se foi cedo. Polo visto tamén houbo quen se presentou no lugar de saída un día tarde.
Ataque de vertixe por onda o mundo se chama Cabo Home e a terra faise toxo.
Malia pasarmos por unha manchea de praias non houbo baño.
Cruzámonos con outro grupo de andaríans onde había algún coñecido.
Foto de Padín. Grazas!!

Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.