Fotos da saída Mezio

Vintesete almiñas correndo tras do Hixínio polas contornas de Vilela.
Tres baños, tres. Dous na ponte da Assoreira e outro ao final, en Travanca.
Cañas no Mezio, visita ao Soajo que andaba de festa, algúns xa quedaron por alí.
Ao fin os que fomos quedando case non damos ceado paro acolléronnos en Alxén.
As fotos son de Charo, Padín e Tomás.
Grazas!!

Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.