Próxima saída: 29 de setembro. Val do Pacín. Entrimo
Data: 29 de Setembro Pateada: Val do Pacín. Entrimo Saída: nº 173 Visita ás terras de Entrimo, cambiando de territorio. Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Puxeiros. Ás 9:30 h. (Publicarase folla de ruta para chegar) Tipo de percorrido: Círcular. Dificultade: Media. Ten un tramo de cresteo moi aéreo polo que, se fose moita calor, aí non temos sombra. Duración aproximada: 6 horas RCE De interese: Val do río Pacín. Bosques autóctonos. Pedras con formas de animais, ermida de San Bieito. Vistas sobre o Gerês. Arquitectura popular: eiras, fontes, canastrões. Comentarios e organización: Hai baños e cañas ao final da ruta. Recomendado levar repelente para insectos.