Fotos da saída Luintra-Santo Estevo

13 calcos polos carreiros de Nogueira de Ramuín. 
Ía calor polas partes de Luintra. Fomos pola sombra cruzando fragas e camiños de conto de fadas. Caña en Santo Estevo. Baños en piscinas unipersonáis. Unha billa salvounos a vida en Biduedo. Visita ao Castro de Litoria cunhas vistas fantabulosas. Cañas en Luintra e fin de festa do oitavo aniversario no chinés de Puxeiros. Aínda a cousa se estirou ao Gallardo.
Fotos de Primi e Conchi.

Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.