Próxima saída: 8 de setembro. Luintra - Santo Estevo de Ribas de Sil

Data: 8 de Setembro 
Pateada: Luintra - Santo Estevo de Ribas de Sil
Saída: nº 172

Partindo de Luintra, entre soutos e carballeiras ata o Mosteiro de Santo Estevo. Unha tirada digna dun aniversario.  

Lugar e hora de saída:
Casa Gallardo. Puxeiros. Ás 9:30 h.

(Publicarase folla de ruta para chegar)


Tipo de percorrido: Círcular.

Dificultade: Baixa a media baixa.

Duración aproximada: 7 horas RCE

De interese: Todo. Soutos, carballeiras, paisaxes, miradouros. Mosteiro e igrexa de Santo Estevo, campos de mámoas, pseudo-menhir, costa da Amargura, Chau da Forca, muíños e fervenza do Cano, castro de Litoria.
Nin un metro sen algo de interese.

Comentarios e organización: Hai baños e cañas na ruta (recoméndase non tomar moitas cañas porque o mosteiro de Santo Estevo é bonito pero barato non.)
Sendo o 8º aniversario dos calcos remataremos ceando. Onde? Desta vez seremos atrevidos. No restaurante Yong, en Puxeiros. Un chinés.
Xa veremos se abrimos lista de asistentes na taberna, de momento están de ferias e non puidemos falar con eles. Seguiremos informando, atentos á taberna .

Esta ruta foi e segue a ser traballada e mantida pola asociación Móvete por Nogueira aos que agradecemos o seu traballo.


Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.