Próxima saída: 12-14 de outubro. Arouca II

Data: 12 ao 14 de outubro
Pateada: Arouca II
Saída: nº 174
En xuño do 2012 os calcos facían a súa primeira saída de fin de semana. Viaxamos a Arouca para probar a sopa de pedra, elemento fulcral do imaxinario calcorreiro.
Xa era sen tempo. Volvemos. Seguramente non teremos nesta ocasión a posibilidade de probar tan emblemática iguaría.  

Lugar e hora de saída:
Venres, 12. Diante da entrada principal da Cámara Municipal de Arouca. Ás 9:30, hora nosa.

Tipo de percorrido: As pateadas previstas son circulares as dúas pero poden estar suxeitas a modificacións.

Dificultade: En principio baixa o venres e media o sábado.

Duración aproximada: 
Venres: 6 Horas RCE
Sábado: 7/8 Horas RCE

De interese: Todo. Particularmente as pedras parideiras. Paisaxes, arquitectura popular.

Comentarios e organización: 
A Ver! Temos un par de rutas previstas pero ata chegar alí non saberemos (pode haber zonas queimadas ou afectadas por outras cuestións)
O domingo, e xa como actividade complementaria, iremos ás pasarelas do Paiva.
Por tanto, aínda que aproveitamos unha finde longa, na práctica imos facer dúas pateadas, coma unha finde normal.
No post 1102 da Taberna hai información sobre aloxamentos e prezos.
Malia o camping do Merujal, que era a nosa primeira opción, non dispoñer de prazas con liteiras, si que dispón de lugares para tendas se alguén quixera.
Com sempre, para calquera cousa, a Taberna.

Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.