Próxima saída: 15-16 de decembro. Fraga do río Mandeo. Ponte do Teixeiro - Ponte das Pías (Betanzos)
Data: 15 e 16 de decembro de 2018
Pateada: Fraga do río Mandeo. Ponte do Teixeiro - Ponte das Pías (Betanzos)
Saída: nº 177
Chégalle a quenda a Necho, o dono dun tramo da N-VI. Rei indiscutible de Betanzos. E aló imos, coñece-la súa terra !!!
Quinta estrea (e última) do ano e terceira seguida como guía novo.
Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Puxeiros. Ás 9:00 h.Ollo, media hora antes do habitual!!!
Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches.
Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída.
NON FACEMOS CARAVANAS.
Quen prefira pode aparecer no lugar de inicio da camiñada que se publicará na Taberna Nova uns días antes da saída.
Tipo de percorrido: Circular.
Dificultade: Baixa
Duración aproximada: 6 horas RCE
De interese:
A saída "oficial" de Calcorreiros será o sábado 15 de decembro:
Subiremos pola marxe esquerda do río Mandeo. Pasaremos pola présa de Chelo, onde "pescaba" Franco os salmóns. Máis arriba, as ruinas dun vello balneario e unha antiga central eléctrica en funcionamento. E o Mandeo, un dos ríos máis bonitos do mundo e dos máis limpos. Todo o
tramo esta declarado Reserva da Biosfera dende o ano 2013.
Domingo 16: hai feira en Betanzos e visita guiada pola antiga capital de provincia.
Probabilidade de visita ó Parque Pasatempos.
Comentarios e organización:
Levar botas xa que o camiño está en boas condicións pero parte del é pola beira do río.
E tamén luz que os días son curtos.
Para o aloxamento poranse lugares e teléfonos para que cada quen escolla. Tamén se pode ir e vir no día sen necesidade de quedar ó pack completo.