Próxima saída: 31 de decembro de 2018 e 01 de xaneiro de 2019 (FS Fin de Ano)
Data: 31 de decembro de 2018 e 01 de xaneiro de 2019 (FS Fin de Ano)
Pateada: Monte Pindo, Olimpo Celta
Saída: nº 178
Xa alá estivemos en abril do 2013. Así pois, aínda que é á segunda vez que imos calcorrear, será a primeira como formato Fin de Ano. Coroaremos a Moa a 627 m. de altitude.
Lugar e hora de saída:
Ás 09:30 horas os dous días na Igrexa de San Clemente do Pindo.
Tipo de percorrido: Circular os dous días. Diferentes subidas ó Monte Pindo. Decidirase practicamente in situ.
Dificultade: Media-Baixa. Este dato está suxeito ás ruta que fagamos. Hai diferentes posilibidades e iso, unido ó tempo que vaia, será o que faga mudar este dato. Ollo, de facerse a ruta polo camiño dos pescadores, dende logo que será máis ben "Media".
Duración aproximada: 6 Horas RCE. Tamén variable polos mesmos motivos do apartado anterior.
De interese:
As saídas "oficiais" de Calcorreiros serán os días luns 31 de decembro de 2018 e martes 01 de xaneiro de 2019.
Ámbolos dous días faremos senllas subidas ó Olimpo Celta dende diferentes puntos.
Comentarios e organización:
Levar luz que os días son curtos.
Para o aloxamento xa está a información nunha entrada do 05 de decembro na Taberna Nova. (Prazo esgotado. Xa hai que procuralo individualmente)
Cada persoa pode xestionar ó seu gusto o aloxamento pola contorna.
Tamén se pode ir e vir no día sen necesidade de quedar ó pack completo.
Pateada: Monte Pindo, Olimpo Celta
Saída: nº 178
Xa alá estivemos en abril do 2013. Así pois, aínda que é á segunda vez que imos calcorrear, será a primeira como formato Fin de Ano. Coroaremos a Moa a 627 m. de altitude.
Lugar e hora de saída:
Ás 09:30 horas os dous días na Igrexa de San Clemente do Pindo.
Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída.
NON FACEMOS CARAVANAS.Tipo de percorrido: Circular os dous días. Diferentes subidas ó Monte Pindo. Decidirase practicamente in situ.