Data: 09 de marzo. Pateada: Padrão – Arieiro – Alhal III. (Flor de Sistelo 2/4) Saída: nº 182 Fixémola a última vez en xuño do 16, con variantes. Só para xente con acreditado nivel calcorreiro. De Padrão, a 500 mts, á Cerca, a 1240, hai 740 metros de desnivel. O acumulado é moito maior porque hai subidas e baixadas variadas. Non é ningunha coña. Para máis, se ese día chovese moito, ou o anterior, teremos que tirar as botas e os pantalóns para cruzar a Corga das Cavadas. Unha vez que se empece non hai volta atrás, non cruzamos ningunha estrada nin lugar poboado onde se poida abandonar ata o final da ruta. Así que cadaquén que o pense. Xa todos sabemos o que podemos facer e o que non. Non é ningunha matada pero tampouco é apta para calquera. Dito isto, a pateada é para non perder, unha mostra de xeografía humana. Sendeirismo en estado primordial. Unha morea de brandas de pastoreo e de cultivo, en uso moitas delas (Crastibô, Gémeas, Arieiro, Lamelas, Barugán, Rio Covo, Alhal). A