Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2019

Fotos da Saída Monte Santa Trega - A Guarda

Imaxe
A néboa e a choiva retiráronse nos momentos precisos para gozar das vistas.  O ruxir do mar alá abaixo, a choiva e a néboa que caían enriba daquela paisaxe incrible fixéronnos, coma Ulises, perde-la noción do tempo.  Os castros estaban desparramados pola aba do monte como unha colmea derreténdose.  Sorteo do centro de mesa de Nadal. Agraciado: Hixinio !!!  Hai rúas con nome propio e calc@s que se apropian do seu nome. Outro día de Calcomaxia !!! Fotos de Padín e   J. Costas  grazas de novo!!

Próxima saída: 09 de febreiro Fervenzas de San Paio e Santa Leocadia. Mazaricos

Imaxe
Data: 09 de febreiro.  Pateada: "Fervenzas de San Paio e Santa Leocadia. Mazaricos" Saída:  nº 180 Fórmula nova e guía novo. Imos probar a facer un popurrí de circular-linear no mesmo día. Luís (un experto Traski / Trasno de pura cepa) vainos dar a coñecer unha ruta que abriu hai un tempo polas fervenzas do río San Paio no concello de Mazaricos. Acompañaranos tamén Ramón como compañeiro de Luís en aventuras de apertura de rutas e guía. A ruta “oficial” de Calcorreiros é o sábado día 9 de febreiro, mais, aquelas persoas que queiran quedar para o domingo, haberá tamén ruta pola Estrada. Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna, coma sempre. Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS. Tipo de percorrido:   Circular e l

Plantación das nosas árbores apadriñadas

Imaxe
O domingo 13 algúns calc@s subiron ao monte para plantar as 2 árbores que tiñamos apadriñadas no festival do 3 de Marzo de 2018 (Música polo Monte). As  fotos son de Helena e de Bea Carballeira. As árbores están xeolocalizadas coa etiqueta: " árbores calcorreiras ". Soñamos cun bosque verde!  🌱🌳

Fotos da Saída Monte Pindo (FS Fin de Ano)

Imaxe
Primeira saída de fin de ano con tempo primaveral. Mario (Black Spiderman) non estivo. Abrindo camiños durante 4 horas de subida. Cando atopámo-lo camiño, bicámolo. Padín gripou. Amagos de pájara diversos. Caídas múltiples e rascazos estilo guerra. Vistas marabillásticas ás 5 rías con illas incluídas. Remate como sambenitos. Cea farturenta con mantel e centro de mesa de Nadal nun apartamento de luxo. Subida ós cumios míticos do Olimpo Celta: A Moa e Penafiel con visita á Cova da Xoana. O Pindo está que dá pena. Primeiro día do ano con picnic de revoda nun merendeiro con vistas. As fotos son de Padín , Jorge Pastoriza , Luisa  e Duarte , grazas de novo!!

Próxima saída: 19 de xaneiro. Monte Santa Trega - A Guarda

Data: 19 de xaneiro. Pateada:  Monte Santa Trega - A Guarda Saída:  nº 179 En xaneiro de 2011 fixemos só o tramo litoral. Desta volta subiremos ó emblemático monte guardés e non só o arrodearemos. Así contémplanse as súas magníficas vistas co peculiar forte da Ínsua en plena desembocadura do río Miño e declarado Monumeno Nacional en 1910. Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna, coma sempre. Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS. Tipo de percorrido:   Circular. Dificultade:  Baixa. Duración aproximada:  7 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar) De interese: Elementos de interese: desembocadura río Miño; citania Monte Santa Trega; vistas 360º; MASAT: Museo Arqueolóxico Santa Trega que existe dende o ano 1953 no alto do
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.