Fotos da Saída Monte Santa Trega - A Guarda

A néboa e a choiva retiráronse nos momentos precisos para gozar das vistas. 
O ruxir do mar alá abaixo, a choiva e a néboa que caían enriba daquela paisaxe incrible fixéronnos, coma Ulises, perde-la noción do tempo. 
Os castros estaban desparramados pola aba do monte como unha colmea derreténdose. 
Sorteo do centro de mesa de Nadal. Agraciado: Hixinio !!! 
Hai rúas con nome propio e calc@s que se apropian do seu nome. Outro día de Calcomaxia !!!
Fotos de Padín e J. Costas  grazas de novo!!
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.