Próxima saída: 19 de xaneiro. Monte Santa Trega - A Guarda

Data: 19 de xaneiro.
Pateada: Monte Santa Trega - A Guarda
Saída: nº 179

En xaneiro de 2011 fixemos só o tramo litoral. Desta volta subiremos ó emblemático monte guardés e non só o arrodearemos. Así contémplanse as súas magníficas vistas co peculiar forte da Ínsua en plena desembocadura do río Miño e declarado Monumeno Nacional en 1910.

Lugar e hora de saída:
Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas.
Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches.

Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna, coma sempre.
Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída.
NON FACEMOS CARAVANAS.

Tipo de percorrido: Circular.

Dificultade: Baixa.

Duración aproximada: 7 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar)

De interese:
Elementos de interese: desembocadura río Miño; citania Monte Santa Trega; vistas 360º; MASAT: Museo Arqueolóxico Santa Trega que existe dende o ano 1953 no alto do monte aínda que se creou en 1917. Alberga no seu interior o recente achádego do "cabezón" nas últimas excavacións do castro; Camposancos; secadoiro de congrios; salinas do Seixo; paseo litoral camiño á vila mariñeira da Guarda; A Pasaxe; colexio de xesuitas, etc.

Comentarios e organización: 
Posibilidade de baños no Miño e Atlántico.
Hai cañas á hora de xantar en Santa Trega e no final, na alameda da Guarda.
Levar luz porque os días aínda son curtos.



Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.