Próxima saída: 02 de marzo. Pateada: Sistelo - Furado - Alvite II. (Flor de Sistelo 1/4) Saída: nº 181

Data: 02 de marzo. Pateada: Sistelo - Furado - Alvite II. (Flor de Sistelo 1/4) Saída: nº 181 Fixémola en xaneiro do 17 con lixeiras variantes. Repetimos, desta vez caracterizados porque é antroido. A ruta é unha verdadeira delicatessen, pero, ollo!!, solo para xente á que lle gusta andar. Absterse domingueiros e paseantes. Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre. Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS. Tipo de percorrido: Circular Dificultade: Media. Duración aproximada: 7/8 horas RCE De interese: Camiños lousados, moitos. Sistelo, Padrão, Porto Covo. Brandas do Furado, Crastibô e outras. Paisaxes, pontellas, cardeñas… Comentarios e organización: Hai baño. Na ponte