Fotos da saída Sistelo – Estrica – Arcos II (Flor de Sistelo 4/4)

A Flor de Sistelo foi un proxecto de Calcorreiros que permitiu coñecer a fondo esas terras do concello de Arcos de Valdevez: tres follas non aptas para domingueiros e un rabo para todos os públicos. Soleada xornada primaveral cun grupo de 10, no sentido numérico e figurado. Baixada da Estrica sen freo eléctrico queimando zapatas. Paseantes, bicicletas, boy scouts... había un mundo de xente. Xantar e baño na praia fluvial do Poço das Caldeiras. Eco-Bar pechado en Vilela e chill out en Gondoriz que fixo que, por momentos, esqueceramos a nosa condición de calcorreiros. Máis cañas nos Arcos con panorámica fluvial e regreso a Sistelo en taxis (xa tiñamos feito 26 km e non había por que volver a facelos). Agradecemento en Sistelo da sra. Emilia con vitamina C. Fin de ruta no Gallardo con cursiño de redes e entrega de agasallos para as persoas que pecharon o círculo da Flor de Sistelo. Fotos de Ignacio e Sagrario !!