Fotos da Saída Padrão – Arieiro – Alhal III (Flor de Sistelo 2/4)


Segundo pétalo da nosa particula “Flor de...” Faltáronnos superlativos. Asistencia moi minguada, será por iso que non paramos de rir. Redescubrindo vieiros con pegadas perdidas. A Cerca quedounos lonxe. Destinos con señardade e lugares cheos de morriña. Un sen mochila dándolle de xantar a un mochileiro, o nunca visto. O mellor, a conversa con Dona Emilia en Sistelo, para o libro das lembranzas importantes. Retendo o pasado no presente. Cea de carnes variadas na reformada Tasquinha Ti’ Mélia.
Fotos de Sagrario.
Grazas!!
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.