Fotos da saída Sistelo – Bouçinha - Lamelas - Lordelo II (Flor de Sistelo 3/4)

Na parte alta de Sistelo e preto doutra eira comunitaria (ámbalas dúas pouco coñecidas), hai feira do gando unha vez ó ano no seguinte domingo despois do 25 de xullo. Monumento ó emigrante do trinque. Andivemos polos camiños de vacas ata os 1.100 metros de altitude. A ruta 183 foi desas que hai que facer coa cabeza fría e os pés quentes. Xantar en Lamelas. Case fecha de viño en Lordelo. Extenso baño no río Couso (o que pasou na poza, queda na poza). Estornudo de dinosaurio. En Sistelo abren as cervexas coas ferraduras das vacas, proba do cariño que lles teñen. Como manexa o iPhone a Dona Emilia !!! E, como somos dos que tropezamos insistentemente nas mesmas pedras, voltamos o sábado a remata-la Flor de Sistelo.
Fotos de Sagrario e Juan Costas Grazas!!
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.