Fotos da Saída Sistelo-Furado-Alvite II (Flor de Sistelo 1/4)
Estrea de fórmula nova: “A Flor de...”
Visita dos colegas de São João da Madeira com vinho do Alentejo, galinha afumada e cantares variados. Comeza-la andaina e dar co cu no lameiro, foi todo unha. Pasamos de 242 a 1.113 metros. Bancais verde esmeralda, infinitos camiños pedregosos que non deixaban dispersa-los nosos sentidos… Xantar na Chã a carón da fonte. Neste lugar os sherpas son mulleres co mandil e pano negro na cabeza. Ese traxe ten poderes así que aproveitando o entroido, repartíronse mandiles e panos variados.
Marzo é o mes de Sistelo e xa sabedes o que di o refrán: Marzo amarzador, se un día é bo, o outro é mellor...
Fotos de Sagra e António, Grazas!!