Próxima saída: 16 de marzo Sistelo – Bouçinha - Lamelas - Lordelo II. (Flor de Sistelo 3/4)
Data: 16 de marzo
Sistelo – Bouçinha - Lamelas - Lordelo II. (Flor de Sistelo 3/4)
Saída: nº 183
Esixente tecnicamente (sobre todo se o mundo está mollado) e tamén fisicamente. Non apta para domingueiros. Necesario saber ben o catecismo calcorreiro. Fóra diso, probablemente unha das pateadas máis bonitas que teñades feito. Para non perder.
A maior parte fixémola en xaneiro do ano pasado pero hai unha parte nova que nunca fixemos. Unha gran parte farémola en sentido inverso á outra vez.
Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros. Ás 9:30 h.
Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre.
Punto de encontro: Ás 10:30 h. en Sistelo
Tipo de percorrido: Circular

Dificultade: Media. Terreo moi técnico. Irregular. Pedregoso nalgúns tramos. Moitos camiños lousados que poden estar escorregadizos sobre todo se chove ou choveu recentemente. Partimos de 200 mts e chegamos aos 1.100. O desnivel acumulado pasa abondo dos 1.200 metros.
Quérese dicir que é unha pateada moi calcorreira. Garantido que non se esquece facilmente. Tamén garantido que é para repetir.

Duración aproximada: 7 horas RCE
De interese:
Camiños lousados, socalcos, rio Vez, Sistelo, Lordelo, Ermida de Lordelo, brandas do Rodrigo e Lamelas. Pontellas. Paisaxes.
Comentarios e organización:
Non hai cañas no camiño. Si ao final. Coma sempre, despois iremos cear. Xa veremos a onde, decidiremos sobre a marcha.