Próxima saída: 23 de marzo Sistelo – Estrica – Arcos II. (Flor de Sistelo 4/4)
Pateada: Sistelo – Estrica – Arcos II. (Flor de Sistelo 4/4)
Saída: nº 184
Iremos a Sistelo pero non vai ser unha pateada de montaña senón de río. Discorrerá pola beira do Vez dende Sistelo ata Arcos. Con sombra e pasarelas bonitas.
Iso si, como a cabra tira ao monte antes faremos unha subida á Estrica.
Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre.
Punto de encontro: Ás 10:30 h. en Sistelo
Tipo de percorrido: Linear
Dificultade:
Baixa a media baixa. Coa excepción da subida á Estrica, que é xusto ao comezo da ruta e tampouco ten nada de particular, non hai dificultade ningunha. Atención aos pés que son moitos quilómetros de terreo plano e iso haino que xerir ben tamén.

Duración aproximada: 7/8 horas RCE
De interese:
Paisaxes, río Vez, bosque de galería, muíños, pontes e pontellas... Sistelo, Miradouro da Estrica, Arcos de Valdevez.
Comentarios e organización:
Baños os que se queiran.
En canto ás cañas hai a posibilidade de desviarse un pouco da ruta para tomalas e outra posibilidade é un bar que non é seguro que estea aberto cando nós pasemos. Como tampouco sabemos que poderemos cruzar o río polas poldras que hai para chegar ao bar. En calquera caso ao final poderemos tomalas.
Atención!!! Ollo ao piollo!! A ruta é linear. Por tanto ao chegarmos aos Arcos xuntarémonos en grupos de catro e pillaremos taxis para volver a Sistelo.
Coma sempre tamén, para calquera cousa, tedes á vosa disposición A Taberna.