Fotos da saída Parque Natural de Sanabria (Semana Santa)

Primeira visita á comarca sanabresa. Entramos pola Serra de Porto e Barjacoba visitando un “atrapafieras”. Gustounos a xente e a serra. Garrafón en Lubián. Fomos mirar qué lle sacabamos, mais á serra sanabresa non lle sacas nada, tíracho ela a ti. Sanabria ten un monstro no fondo do lago que deixou marcas como as do xabarín, mais estas son de dor e inxustiza. Nós fixemos coma eles, tirar para adiante, cruza-los ríos, andar polos prados, por debaixo das xestas e por enriba dos montes ata dar co máis alto: Trevinca, onde un calco se reencarnou en garrapata nos últimos metros. Clases maxistrais de enoloxía. Sospeitoso movemento de pedras. Intercambio de libros en Murias. Animado concurso fotográfico. Tronco en Ribadelago reconvertido en curioso nivel.
Fotos de Padín, Sagra e vídeo de Manuel Grazas!!


Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.