Fotos da saída 17 de maio. Bueu – capela Santos Reis – río Bispo – Hermelo – Bueu (Ruta das Letras Galegas)

Nove anos levamos celebrando o importante Día das Letras Galegas. Case faltou saca-lo mosquetón para o 100% de participación nas lecturas... mais conseguiuse. Unha foi tan esperpéntica que, non sabemos se foi polo peso do día ou das letras, agarrábase á árbore para ler. Impresionante a soltura da nosa galega de adopción pola súa implicación. Excelentes as achegas de Manoel Da Costa co seu “Mirequelledigo” e da Asociación dos Santos Reis coa historia completa de tan emblemático lugar. A lectura, única ferramenta que nos fai libres de pensamento e elección en tódalas ordes da nosa existencia. Fotos de Salomé , Ramón e J.C. Campos