Fotos da saída 17 de maio. Bueu – capela Santos Reis – río Bispo – Hermelo – Bueu (Ruta das Letras Galegas)


Nove anos levamos celebrando o importante Día das Letras Galegas. Case faltou saca-lo mosquetón para o 100% de participación nas lecturas... mais conseguiuse. Unha foi tan esperpéntica que, non sabemos se foi polo peso do día ou das letras, agarrábase á árbore para ler. Impresionante a soltura da nosa galega de adopción pola súa implicación. Excelentes as achegas de Manoel Da Costa co seu “Mirequelledigo” e da Asociación dos Santos Reis coa historia completa de tan emblemático lugar. A lectura, única ferramenta que nos fai libres de pensamento e elección en tódalas ordes da nosa existencia.
Fotos de Salomé, Ramón e J.C. Campos
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.