Próxima saída: 01 de xuño. Barosa - Segade - Barosa
Saída Nº: 187
Estrea dunha gran calcorreira de pro: Loli Mato. Por algo ocupa o posto 22 e case que con garantías de subir un chanzo na súa propia ruta. Levaranos por unha terra que coñece moi ben.
Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas.
Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches.
Punto de encontro:
Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre.
Para os que veñan do norte ou proximidades a Caldas, no aparcadoiro das Fervenzas de Barosa en Barro ás 10:15 h.
No cruce onde vemos o bar “Cascada Y Comer” na N-550 coller á dereita, (vindo de Barro) xa esa alí o aparcadoiro.
Tipo de percorrido: Circular. Aproximadamente uns 22 kms.
coordenadas ⇒ https://goo.gl/maps/82KJJa8SP2AH3kvW9
Dificultade: Baixa.
Duración aproximada: 6 Horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar)
De interese:
Muíños de Barosa, Segade e Barosela.
Comentarios e organización:
Empezamos ó pé das fervenzas de Barosa, N-550, nacional que vai de Barro a Caldas ao pouco de pasar o núcleo urbano de Barro. Hai un indicador á dereita e un amplo estacionamento onde deixar os coches.
Teremos baños tanto no medio como ó final do percorrido, seguimos o cauce dos ríos Umia e Barosa así que teremos múltiples oportunidades de refrescarnos. Cañas e tapas ao final do recorrido.
Fonte tamén onde cargar auga.