Próxima saída: 13 de xullo. Catoira – Monte Xiabre - Catoira

Data: 13 de xullo de 2019 Pateada: Catoira – Monte Xiabre - Catoira Saída Nº: 189 Primeira ruta guiada pola súa terra de adopción por unha Calcorreira chamada a entrar en breve na listaxe dos 50 primeiros polo ritmo imparable que leva, tanto de asistencia continuada como en velocidade. Comezou na ruta do entroido de 2018 por Cuntis con desfile dos Xenerais do Ulla incluído. Dende entón, leva 14 rutas e está no posto 60. Case con total seguridade, a Calcorreira que máis rápido leu (enteiro) un dos dous libros que o grupo atesoura: Arraiano entre Arraianos. Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Punto de encontro: Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre. Hora de saída: 10:30 aprox. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeiros. Tipo de percorrido: Circular. 24 km aprox.