Próxima saída: 22 de xuño. Loureza – Refoxos – Pozo do Arco - Alto da Pedrada – Pozas de Loureza (Serra da Groba)

Data: 22 de xuño de 2019 Pateada: Loureza – Refoxos – Pozo do Arco - Alto da Pedrada – Pozas de Loureza (Serra da Groba)
Saída Nº: 188



Hai menos dun ano que nos guiou a súa 1ª ruta, mesmo sendo unha distinguida “Vaca Sagrada”. Desta volta levaranos pola próxima e gran descoñecida Serra da Groba.
Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas.
Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches.


Punto de encontro: 
Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre.
Hora de saída: 10:15 aprox. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeiros.



Tipo de percorrido: Circular.
Dificultade:  Baixa-Media
Duración aproximada: 7 Horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar)
De interese: Paisaxes, vistas, ríos, Patrimonio de Loureza, Refoxos, Pozo do Arco, Alto da Pedrada, camiños, pozas...
Comentarios e organización: Sairase de Loureza cruzando Refoxos e pola beira do río Tamuxe iremos cara á área recreativa do Pozo do Arco. Subiremos ó alto da Pedrada. Á volta pasaremos polas pozas e cruzaremos Loureza ata o seu peto de ánimas.
Hai baños durante a ruta e cañás ó final sen colle-lo coche.

Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.