Próxima saída: 13 de xullo. Catoira – Monte Xiabre - Catoira

Data: 13 de xullo de 2019 Pateada: Catoira – Monte Xiabre - Catoira
Saída Nº: 189
Primeira ruta guiada pola súa terra de adopción por unha Calcorreira chamada a entrar en breve na listaxe dos 50 primeiros polo ritmo imparable que leva, tanto de asistencia continuada como en velocidade.
Comezou na ruta do entroido de 2018 por Cuntis con desfile dos Xenerais do Ulla incluído. Dende entón, leva 14 rutas e está no posto 60. Case con total seguridade, a Calcorreira que máis rápido leu (enteiro) un dos dous libros que o grupo atesoura: Arraiano entre Arraianos.
Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas.
Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches.

 
Punto de encontro: 
Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre.
Hora de saída: 10:30 aprox. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeiros.
Tipo de percorrido: Circular. 24 km aprox.
Dificultade:  Media por subidas e baixadas prolongadas.
Duración aproximada: 6,5 Horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar)
De interese: 
Catoira está situada na ría de Arousa. Destacan de xeito especial as ruínas da súa fortaleza “Torres do Oeste” do século XII. Ten os 3 tipos de muíños: de vento, de mareas e os tradicionais e máis coñecidos de ríos. Espectacular vista dende o monte Xiabre a 640 metros. Moita vexetación, aves, flores silvestres, ruínas de fábricas de tellas e o río Ulla sempre ó noso carón. Aire puro e limpo.
Comentarios e organización: 
Hai baños e cañas ó final da ruta en Casa Emilio sen colle-lo coche.
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.