Próxima saída: 17 a 18 de agosto Monte Santa Trega, A Guarda (Semi-nocturna)

Data: 17 a 18 de agosto (de sábado para domingo, ollo!!!) Pateada: Monte Santa Trega, A Guarda. (Semi-nocturna) Saída Nº: 190 Dez saídas despois, xa que a do 19 de xaneiro foi a nº 179, volvemos da man de Padín subir ó Trega só que desta volta para contempla-lo solpor dende o seu cumio. O percorrido será á inversa. Lugar e hora de saída: Alameda do Concello da Guarda ás 19:30 h. NON haberá xuntanza previa en Puxeiros agás extraoficialmente. Tipo de percorrido: Circular. Dificultade: Baixa Duración aproximada: 7 Horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar) De interese: Desembocadura do río Miño; citania de Santa Trega; vistas 360º; MASAT: Museo Arqueolóxico Santa Trega que existe dende o ano 1953 no alto do monte aínda que se creou en 1917. Alberga no seu interior o recente achádego do “cabezón” nas últimas excavacións do castro. A edificicación, planificada polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, tiña previsto ser un hotel; Camposancos; secadoiro