Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2019

Próxima saída: 7 de setembro Salvaterra – Fornelos da Ribeira - Salvaterra (IX Aniversario)

Imaxe
Data:  07 de setembro de 2019 Pateada: Salvaterra – Fornelos da Ribeira - Salvaterra (IX Aniversario) Saída nº: 191 Un paseo amábel para o IX aniversario. Poderiamos chamala a rota dos tres ríos. Calcorreando polas beiras do Miño, Mendo e Tea sen a máis mínima dificultade. Lugar e hora de saída:  Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Qadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACERMOS CARAVANAS. Punto de encontro: Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre. Dentro da muralla, diante da igrexa de San Lourenzo e do Castelo de Dona Urraca. Hora de saída: 10:20 aprox. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeiros. Tipo de percorrido:   Circular. Dificultade:  Nula. Algunha especificación: Se para alá chove, pode que haxa algún tramo enlamado xa que circulamos polas b

Fotos da saída Monte Santa Trega, A Guarda (Semi-nocturna)

Imaxe
Moitas grazas  Sagrario , J. C. Campos Loureiro  e Padín por compartir as fotos.
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.