Data: 28 de setembro Pateada: Bora-Coto dos Infernos-Bora Saída Nº: 192 Tan só leva 8 rutas e xa se estrea. E na casa. Xoga en terreo moi coñecido así que ten todo baixo control. Cuarta estrea de guía no que vai de ano. Trátase de Manolo Riveiro. No VI aniversario, en setembro do 2016, saímos de Pontevedra para ir até O Salgueiral. Desta volta sairemos de Bora para ir Almofrei arriba pola marxe dereita. A aldea do Salgueiral tocará preto do final. Dá para facer comparativa das diferenzas por causa do paso do tempo. Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Qadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS. Punto de encontro: Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre. Hora de saída: 10:15 aprox. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeir