Próxima saída: 23 de novembro Ponte Remesquide, río Ulla

Data: 23 de novembro de 2019 Pateada: Ponte Remesquide, río Ulla Saída Nº: 194 Ramón é un Calcorreiro experimentado que rapidamente che monta unha ruta como cha amplía. En setembro do 2012 dividimos un clásico do calendario de rutas de 50 km nunha fin de semana Calcorreir@. 25 km o sábado e outros tantos o domingo polo Concello de Boqueixón. Desta volta tiramos un chisco máis cara ó suroeste aínda que haberá un punto en común: Ponte Basebe. Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 8:15 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS. Punto de encontro: Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre. Hora de saída: 10:00. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeiros. Tipo de percorrido: Circular. Dificultade: Baixa. Podería pasa