Próxima saída: 23 de novembro Ponte Remesquide, río Ulla

Data: 23 de novembro de 2019 
Pateada: Ponte Remesquide, río Ulla
Saída Nº: 194
Ramón é un Calcorreiro experimentado que rapidamente che monta unha ruta como cha amplía.
En setembro do 2012 dividimos un clásico do calendario de rutas de 50 km nunha fin de semana Calcorreir@. 25 km o sábado e outros tantos o domingo polo Concello de Boqueixón.
Desta volta tiramos un chisco máis cara ó suroeste aínda que haberá un punto en común: Ponte Basebe.
Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 8:15 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Cadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS.   
Punto de encontro: 
Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre.
Hora de saída: 10:00. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeiros.

Tipo de percorrido: Circular. 
Dificultade:  Baixa. Podería pasar a ser Media-Baixa pola kilometraxe nesta época do ano que oscurece antes.
Duración aproximada: 8 Horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar)
De interese: Río Ulla, bosques, grandes carballeiras, camiños de pescadores, corredoiras, fragas, illa de Remesquide, etc.
Comentarios e organización: Subirase río Ulla arriba pola parte da Coruña pertencente ó Concello de Touro ata Ponte Basebe que xa é o Concello de Vila de Cruces pertencente a Pontevedra. Regreso río abaixo pola marxe contraria.
Obviamente, baños a esgalla.
Non se pasará por civilización ningunha.
Levar luz porque os días xa son curtos.
En Remesquide hai unha churrasquería para as cervexas finais.
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.