Próxima saída: 26 de outubro Rebordechán, O Tempo da Aldea. Concello de Crecente

Data: 26 de outubro de 2019  Pateada: Rebordechán, O Tempo da Aldea. Concello de Crecente Saída Nº: 193
Estrea: Lili  amosaranos unha ruta imprescindible de facer, como mínimo, anualmente.
A Cooperativa O Tempo da Aldea creouse co obxectivo de revalorizar Rebordechán. Comezou cunha ruta curta que, no ano 2018, creceu ata converterse no que imos coñecer. A maioría das persoas da organización non viven alí mais van nas fins de semana, pontes e vacacións á súa terra natal porque só así manteñen equilibrada a morriña.

Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Qadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACERMOS CARAVANAS.
Punto de encontro: 
Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que se publicará na Taberna Nova, coma sempre. Hora de saída: 10:15 aprox. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeiros.

Tipo de percorrido: Circular.
Dificultade:  Baixa
Se o terreo está mollado pode resultar un pouco esvaradía a zona dos muíños. Tamén ten unha costa un pouco longa e forte, o que é dicir... ao estilo Calcorreir@ !!!

Duración aproximada: 6,5 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar)

De interese: Camiño da Feira, Coto de Vesperón e Coto das Espullas. Peto de ánimas. Muíños do Surreiro, da Verea, da Serra, do Castiñeiro, da Serra Vella, da Laxiña e do Chavolas. Tamén percorreremos un pequeno tramo do Camiño Real e teremos vistas do antigo Balneario de Cortegada. Capela de San Sebastián. Fonte dos dous curas e igrexa de Sta. María de Rebordechán do século XVIII

Comentarios e organización: As posibilidades de baño son na zona dos muíños ou no mesmo río Miño, na Fraga da Freita.
As cervexas teñen que quedar para o final da andaina.
Tamén no final agárdanos un magosto organizado pola Cooperativa O Tempo da Aldea.
Máis información, na súa web: http://otempodaaldea.com/portada/gl
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.