Próxima saída: 28 de decembro Mosteiro de Carboeiro e arredores

Data: 28 de decembro de 2019
Pateada: Mosteiro de Carboeiro e arredores
Saída Nº: 195
Nunca antes tiñamos feita unha visita inexcusable a esta zona. Padín levaranos rutear polo coñecidísimo Mosteiro de Carboeiro maila Fervenza do río Toxa.
Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9 horas!!!. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Qadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS.
Punto de encontro: 
Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída.
42.755025,-8.246761 (aparcamento Mosteiro)
42°45′18′′N 8°14′48′′O
Hora de saída: 10:45 h. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeiros. (Ollo! O cálculo está feito pola ruta máis longa e o tempo estipulado que dá internet máis unha marxe de 15 minutos extra). Para calquera cousa, avisar chamando por tfno. ou enviando mensaxe.
Tipo de percorrido: Circular.
Dificultade:  Baixa
Duración aproximada: 7 Horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar)
De interese: 
Mosteiro de Carboeiro, Fervenza do Toxa, (60 metros de caída), Ríos do Demo, Dios, Toxa e Deza, paisaxes da contorna.
O cenobio está aberto de 11 a 14:30 e de 15:30 a 18 horas e o prezo de entrada é 1,50 €.
Un chisco de historia:
Foi fundado a principios do século X (ano 939) polos condes D. Gonzalo e Dona Teresa, ás beiras do río Deza. De estilo románico. O conde Don Gonzalo faleceu antes de finaliza-la construción do edificio e a condesa continuou as obras.
Finalizada a súa construción, nomeouse abad ó monxe Félix. A igrexa foi consagrada polo bispo Hero de Lugo e por San Rosendo de Celanova. O mosteiro adicouse a San Lourenzo.
As propiedades do mosteiro continuaron incrementándose grazas á protección do rei conseguida pola condesa.
En tempos dos Reis Católicos, o mosteiro de Carboeiro pasou a depender de San Martiño Pinario de Compostela, perdendo o título de abadía e, tamén, poder e riquezas.
No século XIX, debido á desamortización de Mendizábal, finalizou a actividade monástica e caiu en estado ruinoso.
En 1931 designouse Monumento histórico-artístico, permanecendo abandonado, ata que chegado o século XXI iniciouse a súa reconstrución, agora interrompida.
A igrexa ten planta de cruz latina, con 3 naves e un cruceiro. No seu momento, foi centro de peregrinación, como indica a xirola da súa cabeceira. Yzquierdo Perrín afirma que «a complexidade arquitectónica da súa planta e alzados só é comparable coa catedral de Santiago de Compostela e algús outros edificios debido ós cistercenses».
Esta igrexa dispón de máis de 40 puntos de luz, repartidos entre fiestras e rosetóns, algo extraño nunha construción románica.
A fachada principal está adornada con relieves de músicos do Apocalipse, ó igual que o Pórtico de la Gloria, coa diferenza de que aquí hai 23 músicos en vez dos 24 da catedral.
Pódese baixar á cripta, que serve de apoio á cabeceira da igrexa, e foi construida para salva-lo desnivel do terreo. As bóvedas realizáronse coa técnica de “cascajo”, sendo, xunto coa catedral de Tui, os únicos lugares de Galicia onde podemos ver este tipo de técnica.
Comentarios e organización:
Baños no río e fervenza.
Para as cervexas finais collerase o coche.
Levar luz xa que se fai de noite moi cedo.

(foto propiedade de Xosema)

Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.