Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

APRAZADA Próxima saída: 31 de outubro (Día das Letras Galegas): Leiro – Pazos de Arenteiro

Imaxe
APRAZADO    Data: 31 Outubro de 2020 (Día das Letras Galegas) Pateada: Leiro – Pazos de Arenteiro N.º: 202 OLLO !!! No momento en que lanzamos esta convocatoria, a Comarca do Ribeiro está con restricións pola Covid-19. Estade atent@s á Taberna Nova da web por se é preciso facer mudanzas de última hora. Tendo en conta que, de momento, son 14 días de restricións, non debería haber problema. Pero xa sabedes agora todo muda de súpeto. Hai 2 anos que pisamos esas fermosas terras. Iremos comproba-los cambios na zona e comprobar se está toda a vendima feita. Punto de encontro:   Casa do concello de Leiro. Ctra. Gabino Bugallal, 39 Coordenadas: 42.369586,-8.125099 Hora de saída: 10:00 h. Tipo de percorrido:   Circular Dificultade: Baixa Duración aproximada:  7 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar) De interese:  Paisaxes do Ribeiro cos seus viñedos, río Avia e ponte colgante de Leiro, ponte da Cruz, casas e pobos abandonados, carballeiras, Pazos de Arenteiro, un anaco de camiño real en

Fotos e crónica da saída Leiro

Imaxe
👉  Fotos da saída   👉  Crónica da saída  

Próxima saída: 3 de outubro : Leiro

Imaxe
Data: 3 Outubro de 2020 Pateada: Leiro Nº.: 201 Padín, cando se pon a recoñecer un territorio, várreo. Sabemos que a súa zona preferida é o Suído mais desta volta levaranos ó interior. Serán 2 rutas seguidas saíndo da casa consistorial de Leiro, Ourense. Ide preparando textos xa que a seguinte será no trasladado día das Letras Galegas, o 31 de outubro. Punto de encontro:   Casa do concello de Leiro. Ctra. Gabino Bugallal, 39 Coordenadas: 42.369586,-8.125099 Hora de saída: 10:00 h. Tipo de percorrido:   Circular Dificultade: Baixa Duración aproximada: 6-7 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar) (20 km aprox.) De interese:  Paisaxes do Ribeiro cos seus viñedos, río Avia e ponte colgante de Leiro, casas e pobos abandonados, igrexa barroca de San Breixo de Berán, e visitaremos un maxestuoso pazo. Comentarios e organización: Haberá posibilidade de baños e cervexas.

Fotos da saída Cortegada

Imaxe
Álbum completo  

Próxima saída: 12 de setembro: Por terras de Cortegada

Imaxe
Data: 12 de setembro de 2020 Pateada: Por terras de Cortegada Nº: 200 (X Aniversario) Un número  redondo para un aniversario redondo Esta ruta tiña outra data de realización que a tod@s nos soará: o sábado 14 de marzo de 2020. Peeeeeero… chegou o estado de alarma e fastidiouse o plan. Retomámolo nin máis nin menos que no DÉCIMO ANIVERSARIO !!! Segunda ruta guiada por Tomás Carril. Manda truco coa coincidencia: a primeira ruta á que asistiu con Calcorreiros foi precisamente pola Ponte Trado – Arnoia, guiada por Bea Blanco o 05 de setembro de 2015.  Un de Camariñas facendo rutas por terras de Ourense. Paradoxas… Desta volta co-guiará con Luísa Mtnez. Bello. Punto de encontro:   Balneario novo de 2015, de Cortegada Coordenadas: 42,201407 -8,172916 Hora de saída: 10:00 h. Tipo de percorrido:   Circular Dificultade:  Media Duración aproximada: 6 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar) De interese:   Balneario de Cortegada de 1937 Mirador Coto da Pena Aldea abandonada e en

Fotos da saída Montes e litoral de Outes

Imaxe

Próxima saída: 29 de agosto: Montes e litoral de Outes

Imaxe
Data: 29 de agosto de 2020 Pateada: Montes e litoral de Outes Nº: 199 A anterior vez que saímos de fin de semana con Ramón foi en febreiro do ano pasado. Rutas dun día si que se fixeron. Concretamente, a anterior, foi por terras de Remesquide, polo xa seu río Ulla en novembro do ano pasado tamén. Así pois, a 1ª ruta que guía neste inusual 2020. Pasarase por un punto que nos soará, o cruceiro de Roo. Estivemos en xaneiro de 2015 guiados por xente do norte. Desta volta irase polo litoral. Ramón sempre relacionado coa auga… Lugar e hora de saída: Este apartado deixa de estar efectivo e porase só hora e lugar de saída da ruta no seguinte apartado que se chama: “Punto de encontro”. Aquelas persoas que precisen quedar antes para partillar coche ou, simplemente para tomar algo antes de ir de ruta, terán que quedar pola Taberna Nova ou en privado. As “quedadas” previas ás rutas serán, pois, extraoficialmente. Punto de encontro: Coordenadas: 42.802573, -8.929493 Praia de Broña no Concello de

Fotos da saída semi-nocturna polo Galleiro

Imaxe
Fotos da saída semi-nocturna polo Galleiro

Próxima saída: Noite do 1 ó 2 de agosto: Semi-nocturna polo Galleiro

Imaxe
Data:  Noite do 1 ó 2 de agosto de 2020 ( de sábado para domingo, ollo!!! ) Pateada: Semi-nocturna polo Galleiro Nº: 198 Despois do parón obrigado pola corentena da pandemia causada pola Covid-19, Calcorreir@s retoma a súa actividade apelando ó comportamento cívico de tódolos seus compoñentes. A mesma ruta diurna fíxose o 11 de abril do 2015 guiada polo incansable Padín. Daquela eramos 16 persoas atrás do guía e foi a ruta nº 101 Lugar e hora de saída: Este apartado deixa de estar efectivo e porase só hora e lugar de saída da ruta no seguinte apartado que se chama: “Punto de encontro”. Aquelas persoas que precisen quedar antes para partillar coche ou, simplemente para tomar algo antes de ir de ruta, terán que quedar pola Taberna Nova ou en privado. As “quedadas” previas ás rutas serán, pois, extraoficialmente. Punto de encontro: Coordenadas:  42.191322,-8.598065 Parque Forestal de Trabazos Hora de saída: 20:30 h.   Tipo de percorrido:   Circular Dificultade: Media por mor da volta

Fotos da saída Río Eifonso e Parque Forestal de Beade (Entroido)

Imaxe
Fotos de Jose Canedo , Sagrario , Agustín , J. C. Campos ,  Ignacio  e Béatrice Pepín . Grazas de novo!!!

Próxima saída: 14 de marzo: Por terras de Cortegada

Imaxe
APLAZADO  ⇒  Data: 14 de marzo de 2020 Pateada: Por terras de Cortegada Nº: 198 Segunda ruta guiada por Tomás Carril. Manda truco coa coincidencia: a primeira ruta á que asistiu con Calcorreiros foi precisamente pola Ponte Trado – Arnoia, guiada por Bea Blanco o 05 de setembro de 2015. Un de Camariñas facendo rutas por terras de Ourense. Paradoxas... Lugar e hora de saída:  Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Punto de encontro:   Balneario novo de 2015, de Cortegada Coordenadas: 42,201407 -8,172916 Hora de saída: 10:15 h. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeiros Tipo de percorrido:   Circular Dificultade:  Media Duración aproximada: 6 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar) De interese:   Balneario de Cortegada de 1937 Mirador Coto da Pena Aldea abandonada e en venta de A Barca e a do Vao Comentarios e organización: Haberá posibilidade

Próxima saída: 22 de febreiro: Río Eifonso e Parque Forestal de Beade (Entroido)

Imaxe
Data: 22 de febreiro de 2020 Pateada: Río Eifonso e Parque Forestal de Beade (Entroido) Nº: 197 Lémbrase, antes que nada, que é imprescindible ir caracterizad@ conforme a data que é. Levar careta, perruca, disfrace, chapeu ou “labitó” algún que evidencie a troula e festa desa data especial Hai xa uns anos que a guía desta ruta fixo de co-guía nun intento futuro de levarnos polos camiños. Foi o 29 de novembro de 2014 !!! Houbo que agardar ó ano 2020 para que nos integre pola Beade profunda, terra que a mirou nacer. De seguro que nos sorprenderá xa que, logo de ir en varias ocasións, atoparía camiños e carreiros que nos han encantar. Lugar e hora de saída:  Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Punto de encontro: Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que é na rúa Xeme, nº 69 de Bembrive, Vigo. Coordenadas: 42.20372, -8.69564 Hora de saída: 09:45 h. Nunca antes de

Fotos e video da saída aos montes, regatos e praías de Marín

Imaxe
Deixámosvos algunhas fotos da ruta de sendeirismo de sábado por as terras, regatos e praias de Marín. Fotos de Padín e J.C. Campos Loureiro , Su GC , Pastoriza ,  Jose Canedo  e Fernando Otero . Grazas a tod@s!

Próxima saída: 25 de xaneiro: Montes, regatos e praias de Marín

Imaxe
Data: 25 de xaneiro de 2020  Pateada: Montes, regatos e praias de Marín Saída Nº: 196 Na véspera do San Martiño de 2018 deu sinais de guía por primeira vez para este grupo: Fernando Otero. O inicio foi un diluvio universal pero quedou nunha chaparrada pasaxeira con paseo por Pakistán incluído. Este home, un día tanto che está no cumio da Península Ibérica e, ó outro, guiando a Calcorreir@s. Todo un luxo !!! Comprometido e cumpridor, repite por terras que ben coñece. E non só iso, senón que está a traballar arreo por nos amosar recunchos intransitábeis... Vinde comprobalo !!! Lugar e hora de saída:  Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Qadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS.   Punto de encontro:   Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que será no aparcamento que hai a carón da entrada da Escola

Fotos da quedada do 21-12- 2019

Imaxe
Calcorreir@s e un grupo de amigos unidos pola aficion os camiños , camiños de desafios, de traballo e de parranda. Gustamos de tomar as cañas xuntos o rematar as rutas e tamen o rematar os anos. Porque todo e camiño .
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.