Data: 25 de xaneiro de 2020 Pateada: Montes, regatos e praias de Marín Saída Nº: 196 Na véspera do San Martiño de 2018 deu sinais de guía por primeira vez para este grupo: Fernando Otero. O inicio foi un diluvio universal pero quedou nunha chaparrada pasaxeira con paseo por Pakistán incluído. Este home, un día tanto che está no cumio da Península Ibérica e, ó outro, guiando a Calcorreir@s. Todo un luxo !!! Comprometido e cumpridor, repite por terras que ben coñece. E non só iso, senón que está a traballar arreo por nos amosar recunchos intransitábeis... Vinde comprobalo !!! Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Qadaquén debe tomar nota da folla de ruta para chegar ao lugar de saída. NON FACEMOS CARAVANAS. Punto de encontro: Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que será no aparcamento que hai a carón da entrada da Escola