Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

Fotos da saída Río Eifonso e Parque Forestal de Beade (Entroido)

Imaxe
Fotos de Jose Canedo , Sagrario , Agustín , J. C. Campos ,  Ignacio  e Béatrice Pepín . Grazas de novo!!!

Próxima saída: 14 de marzo: Por terras de Cortegada

Imaxe
APLAZADO  ⇒  Data: 14 de marzo de 2020 Pateada: Por terras de Cortegada Nº: 198 Segunda ruta guiada por Tomás Carril. Manda truco coa coincidencia: a primeira ruta á que asistiu con Calcorreiros foi precisamente pola Ponte Trado – Arnoia, guiada por Bea Blanco o 05 de setembro de 2015. Un de Camariñas facendo rutas por terras de Ourense. Paradoxas... Lugar e hora de saída:  Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Punto de encontro:   Balneario novo de 2015, de Cortegada Coordenadas: 42,201407 -8,172916 Hora de saída: 10:15 h. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeiros Tipo de percorrido:   Circular Dificultade:  Media Duración aproximada: 6 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar) De interese:   Balneario de Cortegada de 1937 Mirador Coto da Pena Aldea abandonada e en venta de A Barca e a do Vao Comentarios e organización: Haberá posibilidade

Próxima saída: 22 de febreiro: Río Eifonso e Parque Forestal de Beade (Entroido)

Imaxe
Data: 22 de febreiro de 2020 Pateada: Río Eifonso e Parque Forestal de Beade (Entroido) Nº: 197 Lémbrase, antes que nada, que é imprescindible ir caracterizad@ conforme a data que é. Levar careta, perruca, disfrace, chapeu ou “labitó” algún que evidencie a troula e festa desa data especial Hai xa uns anos que a guía desta ruta fixo de co-guía nun intento futuro de levarnos polos camiños. Foi o 29 de novembro de 2014 !!! Houbo que agardar ó ano 2020 para que nos integre pola Beade profunda, terra que a mirou nacer. De seguro que nos sorprenderá xa que, logo de ir en varias ocasións, atoparía camiños e carreiros que nos han encantar. Lugar e hora de saída:  Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches. Punto de encontro: Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que é na rúa Xeme, nº 69 de Bembrive, Vigo. Coordenadas: 42.20372, -8.69564 Hora de saída: 09:45 h. Nunca antes de
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.