Próxima saída: 14 de marzo: Por terras de Cortegada

APLAZADO ⇒ Data: 14 de marzo de 2020
Pateada: Por terras de Cortegada
Nº: 198
Segunda ruta guiada por Tomás Carril. Manda truco coa coincidencia: a primeira ruta á que asistiu con Calcorreiros foi precisamente pola Ponte Trado – Arnoia, guiada por Bea Blanco o 05 de setembro de 2015. Un de Camariñas facendo rutas por terras de Ourense. Paradoxas...

Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas.
Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches.
Punto de encontro: Balneario novo de 2015, de Cortegada
Coordenadas: 42,201407 -8,172916
Hora de saída: 10:15 h. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeiros


Tipo de percorrido: Circular
Dificultade: Media
Duración aproximada: 6 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar)
De interese:  Balneario de Cortegada de 1937
Mirador Coto da Pena
Aldea abandonada e en venta de A Barca e a do Vao
Comentarios e organización:
Haberá posibilidade de baños.
Para as cervexas finais collerase o coche e poderase dar un paseo polo pobo, outra opción tamen e ir o balneario que si somos uns cantos poden façernos preçio
Levar luz xa que se fai de noite moi cedo.
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.