Próxima saída: 22 de febreiro: Río Eifonso e Parque Forestal de Beade (Entroido)

Data: 22 de febreiro de 2020
Pateada: Río Eifonso e Parque Forestal de Beade (Entroido)
Nº: 197
Lémbrase, antes que nada, que é imprescindible ir caracterizad@ conforme a data que é. Levar careta, perruca, disfrace, chapeu ou “labitó” algún que evidencie a troula e festa desa data especial
Hai xa uns anos que a guía desta ruta fixo de co-guía nun intento futuro de levarnos polos camiños. Foi o 29 de novembro de 2014 !!! Houbo que agardar ó ano 2020 para que nos integre pola Beade profunda, terra que a mirou nacer.
De seguro que nos sorprenderá xa que, logo de ir en varias ocasións, atoparía camiños e carreiros que nos han encantar.
Lugar e hora de saída: Casa Gallardo. Alto de Puxeiros, Concello de Mos. Ás 9:30 horas. Xuntámonos en Puxeiros, os que queiran, para optimizar o número de coches.
Punto de encontro:
Quen prefira, pode aparecer no lugar da saída que é na rúa Xeme, nº 69 de Bembrive, Vigo.
Coordenadas:
42.20372, -8.69564
Hora de saída: 09:45 h. Nunca antes de que chegue o persoal de Puxeiros

Tipo de percorrido: Circular
Dificultade:  Baixa
Duración aproximada:
6-7 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar)
De interese: 
Subiremos a carón do río Eifonso cun pequeno atranco (salvable) no muíño de Pumares ou Pumbariños. De feito, está consultado a Medio Ambiente e deu autorización. Chegaremos á Estrada de Bembrive cruzándoa e retomamos o inicio primitivo da ruta. Imos subindo á beira do río pasando por muíños e a fervenza ata chegar á Capela de San Cibrán. Iremos á Área Recreativa do Pouso e despois pasaremos pola aldea da Fraga en ruínas.
Xantaremos no Parque Forestal de Beade onde se poderán tomar consumicións na súa cafetería. Neste lugar hai moita vexetación interesante xa que lle chaman o Parque Botánico e hai carteis co nome das especies.
No regreso, pasaremos pola Fonte de Friales dende onde se contempla unha fermosa panorámica. Tamén dende o campo de fútbol no Parque Forestal hai outra boa paisaxe. Na volta, repetimos o tramo do río Eifonso dende a Capela de San Cibrán. Paga a pena xa que é outra perspectiva totalmente diferente da contorna.
Comentarios e organización:
Haberá posibilidade de baños no río Eifonso.
Para as cervexas finais collerase o coche e iremos ó Bar da Pedra que está a escasos 5 minutos.
E durante a ruta haberá posibilidade de bebidas á hora do xantar.
Levar luz xa que se fai de noite moi cedo.

Foto tomada do blog: https://descubrecadadia.blogspot.com/
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.