Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2020

Próxima saída: Noite do 1 ó 2 de agosto: Semi-nocturna polo Galleiro

Imaxe
Data:  Noite do 1 ó 2 de agosto de 2020 ( de sábado para domingo, ollo!!! ) Pateada: Semi-nocturna polo Galleiro Nº: 198 Despois do parón obrigado pola corentena da pandemia causada pola Covid-19, Calcorreir@s retoma a súa actividade apelando ó comportamento cívico de tódolos seus compoñentes. A mesma ruta diurna fíxose o 11 de abril do 2015 guiada polo incansable Padín. Daquela eramos 16 persoas atrás do guía e foi a ruta nº 101 Lugar e hora de saída: Este apartado deixa de estar efectivo e porase só hora e lugar de saída da ruta no seguinte apartado que se chama: “Punto de encontro”. Aquelas persoas que precisen quedar antes para partillar coche ou, simplemente para tomar algo antes de ir de ruta, terán que quedar pola Taberna Nova ou en privado. As “quedadas” previas ás rutas serán, pois, extraoficialmente. Punto de encontro: Coordenadas:  42.191322,-8.598065 Parque Forestal de Trabazos Hora de saída: 20:30 h.   Tipo de percorrido:   Circular Dificultade: Media por mor da volta
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.