Próxima saída: Noite do 1 ó 2 de agosto: Semi-nocturna polo Galleiro
Pateada: Semi-nocturna polo Galleiro
Nº: 198
Despois do parón obrigado pola corentena da pandemia causada pola Covid-19, Calcorreir@s retoma a súa actividade apelando ó comportamento cívico de tódolos seus compoñentes.
A mesma ruta diurna fíxose o 11 de abril do 2015 guiada polo incansable Padín. Daquela eramos 16 persoas atrás do guía e foi a ruta nº 101
Lugar e hora de saída:
Este apartado deixa de estar efectivo e porase só hora e lugar de saída da ruta no seguinte apartado que se chama: “Punto de encontro”.
Aquelas persoas que precisen quedar antes para partillar coche ou, simplemente para tomar algo antes de ir de ruta, terán que quedar pola Taberna Nova ou en privado.
As “quedadas” previas ás rutas serán, pois, extraoficialmente.
Punto de encontro:
Coordenadas: 42.191322,-8.598065
Parque Forestal de Trabazos
Hora de saída: 20:30 h.
Tipo de percorrido: Circular
Dificultade: Media por mor da volta á actividade sendeirística despois da pandemia, pola posible calor no inicio e polo non hábito de camiñar de noite. Ademais, porque o punto máis alto do monte son 749 metros (pasando antes polo Monte Salgueirón a 621 metros) e sáese dunha altitude de 240 metros aproximadamente.
Duración aproximada:
6-7 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar)
De interese: Solpor de camiño ó cumio do monte. Varios picos altos de interese, como o do Salgueirón, último habitáculo do “Fresco”, fuxido polo franquismo. Mámoa do Salgueirón. Cresteo polo Galleiro con distintos putos de cumio con vistas 360º. Un dos cumios é o "Alto da Caseta". A Penacova. Covas e abrigos naturais polo monte. Petróglifos e mámoas prehistóricas.
Comentarios e organización: Non haberá posibilidade de baños
As cervexas finais van ter que ser as da neveira que levemos no coche ou dalgunha máquina expendedora que atoparemos nalgunha gasolineira 24 horas.
Levar luz (frontal, lanterna ou móbil)