Próxima saída: 29 de agosto: Montes e litoral de Outes

Data: 29 de agosto de 2020 Pateada: Montes e litoral de Outes Nº: 199 A anterior vez que saímos de fin de semana con Ramón foi en febreiro do ano pasado. Rutas dun día si que se fixeron. Concretamente, a anterior, foi por terras de Remesquide, polo xa seu río Ulla en novembro do ano pasado tamén. Así pois, a 1ª ruta que guía neste inusual 2020. Pasarase por un punto que nos soará, o cruceiro de Roo. Estivemos en xaneiro de 2015 guiados por xente do norte. Desta volta irase polo litoral. Ramón sempre relacionado coa auga… Lugar e hora de saída: Este apartado deixa de estar efectivo e porase só hora e lugar de saída da ruta no seguinte apartado que se chama: “Punto de encontro”. Aquelas persoas que precisen quedar antes para partillar coche ou, simplemente para tomar algo antes de ir de ruta, terán que quedar pola Taberna Nova ou en privado. As “quedadas” previas ás rutas serán, pois, extraoficialmente. Punto de encontro: Coordenadas: 42.802573, -8.929493 Praia de Broña no Concello de