Próxima saída: 29 de agosto: Montes e litoral de Outes

Data: 29 de agosto de 2020
Pateada: Montes e litoral de Outes
Nº: 199
A anterior vez que saímos de fin de semana con Ramón foi en febreiro do ano pasado. Rutas dun día si que se fixeron. Concretamente, a anterior, foi por terras de Remesquide, polo xa seu río Ulla en novembro do ano pasado tamén. Así pois, a 1ª ruta que guía neste inusual 2020.
Pasarase por un punto que nos soará, o cruceiro de Roo. Estivemos en xaneiro de 2015 guiados por xente do norte.
Desta volta irase polo litoral. Ramón sempre relacionado coa auga…

Lugar e hora de saída:
Este apartado deixa de estar efectivo e porase só hora e lugar de saída da ruta no seguinte apartado que se chama: “Punto de encontro”.
Aquelas persoas que precisen quedar antes para partillar coche ou, simplemente para tomar algo antes de ir de ruta, terán que quedar pola Taberna Nova ou en privado.
As “quedadas” previas ás rutas serán, pois, extraoficialmente.

Punto de encontro:
Coordenadas: 42.802573, -8.929493
Praia de Broña no Concello de Outes
Hora de saída: 10:00 h. 
 
Tipo de percorrido: Circular
Dificultade: Baixa-media baixa
Duración aproximada: 7-8 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar) 
De interese: Praia de Broña, furnas, pozas, paseos marítimos, ruínas da igrexa e fonte de San Bieito, petróglifos de Fontemoura, corredoiras empedradas, piñeirais, carballeiras, muíños derruídos, Igrexa e cruceiro de Roo (con bar preto), muíños do Albeida, senda verde de Requeixo.

Comentarios e organización: 

Haberá tódalas posibilidade de baño que queiramos posto que iremos moito tempo preto do litoral. 
As cervexas están garantidas no final de ruta.
O domingo día 30 de agosto de 2020 a ruta será coa “familia sendeirística” de Ramón pon paseos marítimos e praias da zona. A ruta Calcorreira en si será o sábado, non domingo. Camiñarase só de mañá para facilita-lo regreso durante a tarde para aqueles/as que decidan ir de fin de semana.
Lugares para aloxarse dos que informa o guía:

Estes aloxamentos están no Concello de Muros. Cada un pode buscar pola súa conta. Son suxerencias do guía.

Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.