Próxima saída: 12 de setembro: Por terras de Cortegada

Data: 12 de setembro de 2020
Pateada: Por terras de Cortegada
Nº: 200 (X Aniversario)
Un número redondo para un aniversario redondo


Esta ruta tiña outra data de realización que a tod@s nos soará: o sábado 14 de marzo de 2020. Peeeeeero… chegou o estado de alarma e fastidiouse o plan. Retomámolo nin máis nin menos que no DÉCIMO ANIVERSARIO !!!
Segunda ruta guiada por Tomás Carril. Manda truco coa coincidencia: a primeira ruta á que asistiu con Calcorreiros foi precisamente pola Ponte Trado – Arnoia, guiada por Bea Blanco o 05 de setembro de 2015. 
Un de Camariñas facendo rutas por terras de Ourense. Paradoxas… Desta volta co-guiará con Luísa Mtnez. Bello.

Punto de encontro: Balneario novo de 2015, de Cortegada
Coordenadas: 42,201407 -8,172916
Hora de saída: 10:00 h.


Tipo de percorrido: Circular
Dificultade: Media
Duración aproximada: 6 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar)
De interese:  Balneario de Cortegada de 1937
Mirador Coto da Pena
Aldea abandonada e en venta de A Barca e a do Vao
Comentarios e organización:
Haberá posibilidade de baños.
Para as cervexas finais collerase o coche e poderase dar un paseo pola vila.
Levar luz xa que se fai de noite moi cedo.
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.