Próxima saída: 3 de outubro : Leiro

Data: 3 Outubro de 2020
Pateada: Leiro

Nº.: 201

Padín, cando se pon a recoñecer un territorio, várreo.
Sabemos que a súa zona preferida é o Suído mais desta volta levaranos ó interior.
Serán 2 rutas seguidas saíndo da casa consistorial de Leiro, Ourense.

Ide preparando textos xa que a seguinte será no trasladado día das Letras Galegas, o 31 de outubro.

Punto de encontro: Casa do concello de Leiro.
Ctra. Gabino Bugallal, 39
Coordenadas:
42.369586,-8.125099
Hora de saída: 10:00 h.
Tipo de percorrido: Circular
Dificultade: Baixa
Duración aproximada: 6-7 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar) (20 km aprox.)
De interese: Paisaxes do Ribeiro cos seus viñedos, río Avia e ponte colgante de Leiro, casas e pobos abandonados, igrexa barroca de San Breixo de Berán, e visitaremos un maxestuoso pazo.
Comentarios e organización:
Haberá posibilidade de baños e cervexas.

Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.