APRAZADA Próxima saída: 31 de outubro (Día das Letras Galegas): Leiro – Pazos de Arenteiro
APRAZADO
Data: 31 Outubro de 2020 (Día das Letras Galegas) Pateada: Leiro – Pazos de Arenteiro N.º: 202
OLLO !!! No momento en que lanzamos esta convocatoria, a Comarca do Ribeiro está con restricións pola Covid-19. Estade atent@s á Taberna Nova da web por se é preciso facer mudanzas de última hora. Tendo en conta que, de momento, son 14 días de restricións, non debería haber problema. Pero xa sabedes agora todo muda de súpeto.
Hai 2 anos que pisamos esas fermosas terras. Iremos comproba-los cambios na zona e comprobar se está toda a vendima feita.
Punto de encontro: Casa do concello de Leiro.
Ctra. Gabino Bugallal, 39
Coordenadas:
42.369586,-8.125099
Hora de saída: 10:00 h.
Tipo de percorrido: Circular
Dificultade: Baixa
Duración aproximada: 7 horas RCE (Ritmo Calcorreiro Estándar)
De interese:
Paisaxes do Ribeiro cos seus viñedos, río Avia e ponte colgante de Leiro, ponte da Cruz, casas e pobos abandonados, carballeiras, Pazos de Arenteiro, un anaco de camiño real en Leiro.
Comentarios e organización:
Se chegada a semana da pateada, a mobilidade estivese restrinxida no Ribeiro ou Boborás, barállase como posible alternativa ir á Ribeira sacra lucense, a Belesar.
Estade atent@s á Taberna Nova.
Se chegada a semana da pateada, a mobilidade estivese restrinxida no Ribeiro ou Boborás, barállase como posible alternativa ir á Ribeira sacra lucense, a Belesar.
Estade atent@s á Taberna Nova.